
A asociación de sendeirismo Paso Miúdo fará o vindeiro domingo 16 de novembro a ruta:PR-G 121 Ruta dos Tres Ríos + parte da ruta PR-G 96 Ruta do Ulla en Touro (A Coruña). A saída será dende a casa da cultura de Ferreira as 08.00 horas. Os prezos (que inclúen comida e autobús) son de 20€ para os socios, 25€ para non socios e 15€ para nenos menores de 12 anos. Os interesados poden apuntarse en: http://pasomiudo-apuntarseasrutas.es.tl/Ruta-dos-Tres-R%EDos.htm ata o mércores 12 de novembro.