Site icon Crónica3.com A Mariña

Sendeirismo pola costa de Xove

costa-zoveO Grupo de Senderismo da ACD.Xove, xunto ó Concello de Xove, organizan a 4ª edición da Ruta Costa de Xove, que á súa vez serve como clausura da temporada de sendeirismo da ACD.XOVE. O vindeiro domingo 16 de novembro transitarán pola ruta que está sendo construída polo Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente nun proxecto cofinanciado pola UE, denominado “Caminos Naturales de España”, e os traballos están sendo levados a cabo pola empresa estatal Tragsa. Esta ruta seguirá a totalidade deste trazado recén construído e outras partes recentemente acondicionadas polo Concello. Serán un total de 12,5 km por zonas cercanas ó mar e de gran beleza natural. A saída realizarase dende a praia de Esteiro ás 09.30 horas dende onde partirán autobuses ata Cabo Morás onde comezará a camiñata arredor das 10.00 horas. A chega á praia de Esteiro será aproximadamente sobre as 13.30 horas. Ó seu remate os asistentes na camiñata poderán participar nunha comida no restaurante Os Faroles de A Vara, previa reserva coa organización.

Exit mobile version