Tapia volve vencer no XIV Torneo de fútbol sala astur-galaico de Gardas Civís
edicion2
Durante esta semana tivo lugar nos pavillóns de Marzán é do Martínez Otero de Foz a XIV edición do Torneo de Futbol Sala Astur-Galaico de Gardas Civís no que participaron 8 equipos: o anfitrión de Foz, Ribadeo, Mondoñedo, Guitiriz, Comandancia de Lugo, Tráfico de Lugo, Boimorto (A Coruña) e Tapia (Asturias).
Tapia proclamaríase finalmente campión, revalidando así o título, tras unha emociante final, ante a Comandancia de Lugo por 6-3. O terceiro clasificado foi Guitiriz tras gañarlle a Ribadeo na tanda de penales.
O equipo campión do occidente astur tamén levou o trofeo Zamora para o seu porteiro Rubén e o Pichichi para Víctor que marcou 6 goles.
Dende a organización fan “mención especial para o Restaurante – Marisquería Tangarte Mariñeiro pola súa colaboración, pois foi onde se realizou a entrega de trofeos e posterior pinchada entre tod@s @s participantes e colaboradores”. Tamén queren “agradecer ós árbitros e cronometradores do Torneo así como ó Concello de Foz e o Colexio Martínez Otero por deixarnos as súas instalacións para a disputa dos partidos”.