Site icon Crónica3.com A Mariña

Terceira afortunada do Campañazo de ACIA-CCA Foz

campañazo1Mª José Martínez López foi a gañadora do Campañazo de Acia/CCA Foz do pasado venres, 21 de novembro. Para ela foron os 300 euros en vales de compra por cantar o bingo en primeiro lugar. O cartón agraciado fóralle entregado na Farmacia Antonia Ulloa e o premio foille entregado no Muelle Bar, que o foi o local desde o que esta rapaza seguiu o sorteo. Outras nove persoas recibiron tamén vales de compra para gastar no comercio asociado a Acia/CCA Foz. Este venres ás 23.00 horas en directo por Radio Foz terá lugar o último sorteo do Campañazo do mes de novembro, unha iniciativa que cada ano ten máis éxito.

Exit mobile version