Site icon Crónica3.com A Mariña

Tráfico desenvolverá a próxima semana unha campaña especial de control de transporte escolar e menores

A Coruña, 23 de noviembre de 2014.- A Delegación do Goberno en Galicia informa que a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) porá en marcha desde este luns e durante toda a semana, unha campaña especial de vixiancia e control do transporte escolar e de menores. Nela, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil comprobarán que tanto autobuses como condutores cumpran coa normativa establecida na materia, que inclúe, entre outras obrigas, a necesidade de que os menores vaian acompañados por unha persona debidamente cualificada nos desprazamentos.

A Delegación do Goberno destaca que esta campaña ten unha especial trascendencia en Galicia debido á grande extensión de rutas de transporte escolar existentes na Comunidade e, na misma, están convidados a participar os concellos que teñen policía local, para reforzar o seu seguimento.

Concienciación
Aínda que a vixiancia por parte da Agrupación de Tráfico da Garda Civil é permanente, nos próximos días intensificaranse os controis preventivos co obxectivo de concienciar a pais, responsables educativos e condutores de autobuses da necesidade de cumprir as normas establecidas con respecto a este tipo de transporte. Estas normas abarcan o apartado administrativo (sobre todo autorizacións e documentos que deben ter os autobuses e condutores para a correcta prestación do servizo) e as condicións técnicas e elementos de seguridade do vehículo.

Seguridade e menores
De acordo coas estadísticas da DXT, o 90% dos accidentes que se producen durante o transporte escolar teñen lugar no momento de subir ou baixar do vehículo, ou xusto nos instantes inmediatos, e en moitos casos trátase de atropelos causados por unha distracción do menor, do condutor do transporte escolar, ou dos pais.

En todo caso, as cifras de siniestralidade amosan que o sector do transporte escolar é un sector seguro. Así no ano 2013 non se produciu ninguhna vítima mortal entre os usuarios de autobuses escolares de toda España. Pola súa parte, o número de feridos graves pasou de 5 a 1, e os feridos leves baixaron de 55 a 19, en relación ó ano 2012.

Exit mobile version