Site icon Crónica3.com A Mariña

Un anaquiño dos Premios Ondas veñen para A Mariña

O proxecto de Ponte… nas ondas! recibiu o Premio Ondas na categoría de radio pola mellor cobertura informativa. Destacadas figuras da comunicación gabaron unha iniciativa que conxuga o ámbito escolar e o radiofónico e na cal participaron en colaboración o Instituto Perdouro e Radio Burela.

Coñecidas figuras do ámbito da comunicación recoñeceron esta iniciativa de carácter social e cultural que xunta o ámbito educativo e o da radio en Galiza e Norte de Portugal. Santiago Veloso, de Ponte nas Ondas, destacou na súa intervención que o Ondas era o premio a unha traxectoria de traballo que implicou a multitude de emisoras radiofónicas, escolas e xornalistas implicados no proxecto, que participaron na multitude de actividades desenvolvidas nas últimas dúas décadas.

“Aproveitamos tamén para sinalar que este era un premio ao traballo das escolas públicas e agradecemos a todas as entidades e particulares que contribuíron a Ponte… nas ondasademais de lembrar que seguimos a traballar para que o patrimonio inmaterial entre na Lista Representativa da Unesco”, dixo Santiago Veloso, que participou nunha recepción das persoas galardoadas co alcalde da cidade no Palacio de Albéniz onde puido de maneira máis intensa descubrir a admiración e a sorpresa que espertou a iniciativa que foi premiada entre 300 candidaturas presentadas.

O Instituto Perdouro participou no evento con dous programas. O primeiro foi realizado en colaboración co Instituto San Paio de Tui e nel as alumnas Viviane Furtado Brito e Laura Sofía Semedo Brito entrevistaron en directo a través da liña telefónica o escritor angolano Luandino Vieira (ex-secretario xeral da Unión de Escritores Africanos).

O segundo dos programas foi emitido tamén en directo o mesmo día do XX aniversario de Ponte nas Ondas, o 30 de maio de 2014. Sete alumnos e alumnas de 1º de bacharelato (actualmente en 2º) puxeron música, recitaron poesía e entrevistaron a escritora Adela Figueroa Panisse e o activista cultural Bruno Faustino Durán, da Asociación Chao de Castro-Altaír.

Exit mobile version