Unhas clases que se ofrecen en edificios públicos como a Casa da Cultura e o Ecomuseo ou os locais sociais e antigas escolas das parroquias, aproveitando as infraestruturas existentes “para facilitar a asistencia a todas as persoas que o desexen”, asegura a edil desta área, Pilar Armada. Por ese motivo tamén se vai ampliando o número de locais nos que se imparten os cursos sempre que exista demanda por parte dos veciños. Así, este ano a novidade é Castelo, pero o Concello segue aberto a estendelos a outros lugares.
Unha iniciativa na que os asistentes traballan as súas capacidades cognitivas a través de exercicios cos que manteñen activa a súa mente. Ao mesmo tempo, trátase dunha actividade na que as persoas se reúnen, se relacionan e pasan o tempo xuntos.
A edil de Servizos Sociais lembra que os cursos de memoria teñen en todas as edicións unha boa acollida, dende persoas que levan anos acudindo de forma incondicional a outras que participan por primeira vez. “É unha actividade con moitos beneficios, a nivel mental, a nivel social, e incluso emocional, e que promove a interacción con outros veciños”, remata Armada.