Site icon Crónica3.com A Mariña

Uns 1.400 corredores volven iluminar a muralla de Lugo na nova edición da E.ON Night Race

Lugo, 22 de novembro de 2014.- O casco histórico de Lugo voltou encherse de luz grazas ós 1.400 participantes na nova edición da E.ON Night Race. A carreira nocturna organizada pola compañía eléctrica volveu ser un éxito de participación e de recadación solidaria e xuntou deporte e humanidade nunha esperada cita que xa tiña agotado as inscripcións para adultos unha semana antes da súa celebración.

Os corredores, entre os que se encontraban cerca de 400 nenos, acudiron ata a Praza Maior, lugar de principio e fin do circuito, portando a linterna frontal para a cabeza, dorsal e camiseta que E.ON proporcionou a todos os participantes. Deste xeito, E.ON quixo reflectir a sú decidida aposta por un consumo enerxético sostible e eficiente, onde cada ún aporta o seu pequeno haz de luz para iluminar xuntos todo o percorrido.

Ademáis da promoción de valores como o deporte en familia e o coidado do medio ambiente, a celebración do encontro tiña outro obxectivo clave: recadar fondos para o Banco de Alimentos de Lugo. A convocatoria gratuita, organizada grazas á colaboración entre E.ON e o Concello de Lugo, facilitou a realización de donativos a todos os interesados en colaborar e logrou reunir cerca de mil kilos de comida e 700 euros que se destinarán á compra de alimentos. En apenas unha semana, a E.ON Night Race repetía o éxito que xa viviu o pasado sábado en Santander, con case 1.400 participantes e máis de 2.500 kilos de comida recollidos para o Banco de Alimentos de Cantabria.

O responsable de E.ON en Lugo, Luis García Santalla, estivo presente no acto e participou na entrega de trofeos. Ademáis, como agradecemento pola súa colaboración, entregou una placa conmemorativa ó Concello de Lugo.

As redes sociais ocuparon un papel moi activo antes e durante o desenvolvemento da carreira. Toda a información sobre as pruebas puido seguirse e comentarse a través de #EonNightRace, o hashtag habilitado a través da conta oficial de Twitter da compañía: @EON_Es. Ademáis, os participantes compartiron as súas experiencias na páxina de Facebook “La Energía de las Cosas”.

Clasificacións
Adultos Masculino:
1º Jesús Rego
2º José Manuel Corral
3º Óscar Lugris

Adultos Feminino:
1º Chus Valiño
2º María Hurtado
3º María Calvo

Benxamíns Masculino:
1º José Mateo López
2º Brus Lourens
3º Rodrigo Paz

Benxamíns Feminino:
1º Irya Rodríguez
2º Henar Méndez
3º Eva Vilaro

Infantís Masculino:
1º Nicolás Arias
2º Miguel Latas
3º Nicolás Álvarez e Diego Rodríguez

Infantís Feminino:
1º Ainara Rodríguez
2º Carmen Victorio
3º Silvia López

Exit mobile version