“Hoxe estamos aquí para denunciar e condenar calquera tipo de violencia: o maltrato físico, que deixa marca e doe, que humilla e somete; o abuso verbal e maltrato psicolóxico, que destrúe, anula e aniquila a individualidade da persoa; o maltrato sexual, que denigra. Como di o retrouso da canción de Manuel Carrasco e Malú: Que ninguén cale a túa verdade, que ninguén che afogue o corazón, que ninguén che faga máis chorar fundíndote en silencio, que ninguén te obrigue a morrer cortando as túas ás o voar, que volvan as túas ganas de vivir. Cando o sangue é dunha muller maltratada, a ferida é de todos”, así concluía o manifesto lido polo rexedor.
Un lazo de cor malva foi colocado na entrada do Concello de Barreiros para conmemorar esta data.