Site icon Crónica3.com A Mariña

Vega: “Que os novos votantes se decanten polo PP demostra que en Galicia estanse a facer ben as cousas en materia xuvenil”

Lugo, 14 de novembro de 2014.- O presidente de Novas Xeracións da provincia de Lugo, Daniel Vega, asegurou este venres “que os novos votantes se decanten polo PP nunhas eleccións autonómicas demostra que en Galicia estanse facendo ven as cousas en materia xuvenil”.

Esta valoración foi posta de manifesto no transcurso do Comité de Dirección que celebraron esta tarde e durante o que, entre os temas a tratar, se atopaba o de “análise da situación actual en materia xuvenil vinculada aos resultados das sondaxes”

“Nunca antes Galicia tivo un Goberno máis comprometido coa xuventude”, e isto, engadiu Vega, “é unha realidade, que versa sobre moitas realidades”. Así, o presidente dos mozos populares referiu a medidas como a conxelación das taxas universitarias; o complemento as becas estatais; a posta en marcha da primeira Lei da Xuventude de Galicia, o máis completo plan de apoio aos mozos…

Programa para novembro e decembro
Durante o Comité de Dirección, a formación vinculada ao Partido Popular tamén perfilou o calendario de traballo para as próximas semanas.

O presidente provincial manterá reunións con responsables locais de Taboada, Chantada, Palas de Rei, Guntín e Lourenzá para constituír ou renovar as formacións nestes municipios; ademais de facerse fincapé na renovación de Ribadeo, probablemente o próximo congreso que se celebre.

Novas Xeracións tamén está a traballar nun acto de Educación, e na iniciativa benéfica do Nadal.

Exit mobile version