
Viajes Lucus, da Pontenova, ten preparada unha viaxe para a vindeira fin de semana nas Rias Baixas e que aínda conta con prazas libres. A viaxe ten un prezo de 115 euros/persoa que inclúen o autobús de ida e volta e traslados, mariscada no barco na Ría de Arousa, aloxamento en réxime de pensión completa en Cambados, a comida en Padrón e o seguro da viaxe. A saída está prevista para o venres 21 ás 16.00 horas para chegar o Hotel Europa en Cambados con cea, baile e aloxamento. O sábado, despois do almorzo, visitarase O Grove e o xantar realizarase en barco pola Ría de Arousa (con dúas horas e media de viaxe con barra libre de refrescos, viño, cervexa e queimada, baile e espectáculo con bruxas). Pola tarde visitarase a illa da Toxa para volver ó hotel onde haberá de novo cea e baile. O domingo 23, despois do almorzo, visitarase a Feira de Padrón en Santiago de Compostela. A volta á casa está prevista para despois do xantar. Os interesados poden anotarse no teléfono 982 043 000 ou no 658 240 815. A fin de semana pasada, xa realizaron outra similar a onde se achegaron 3 autocares da Mariña, o Occidente e Lugo capital.