Site icon Crónica3.com A Mariña

Volve a Liga Prebenxamín da Mariña de fútbol sala con 9 clubs

Un total de nove clubs da bisbarra arrincarán esta fin de semana coa segunda edición da Liga Prebenxamín da Mariña de Fútbol Sala. A competición, organizada pola Fundación Imdecum e rexida pola Federación Galega de Fútbol Sala en Lugo, volverá acoller en 2014-15 dúas categorías, Prebenxamín 1 (nacidos/as en 2007) e Prebenxamín 2 (2008-09).

A Liga de Prebenxamín 1 estará composta por AD Santiago de Foz, ACD Xove, AD Praia de Covas, ED Burela FS, ED Barreiros e Ribadeo FS cun total de dez xornadas que se prolongarán ata o 7-8 de marzo de 2015. Na xornada inaugural emparellaranse ED Burela FS-AD Santiago de Foz, ACD Xove-AD Praia de Covas e ED Barreiros-Ribadeo FS.

Prebenxamín 2 contará coa representación de AD Santiago de Foz, ACD Xove, AD Praia de Covas, ED Burela FS, Escolas Celeiro SD Xove, Maderas Barcia Lourenzá e CFS Cidade de Viveiro. A liga inicial distribuirase en 14 xornadas, ata finais de marzo de 2015. Esta fin de semana mediranse ED Burela FS-AD Santiago de Foz, ACD Xove-AD Praia de Covas, Escolas Celeiro SD Xove-Maderas Barcia Lourenzá e descansa CFS Cidade de Viveiro.

2013-14
A Liga de Imdecum estreouse en 2013-14 coa participación de oitos clubs mariñáns; o AD Santiago de Foz alzouse co trofeo de campión por partida dobre, en Prebenxamín 1 e na segunda volta de Prebenxamín 2, e o AD Praia de Covas gañou na primeira volta de Prebenxamín 2.

Exit mobile version