Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada de moitos goles na Liga de fútbol sala de Veteranos de Viveiro

Gato Pardo e Óscar Joyeros lideran a Liga de fútbol sala de veteranos de Viveiro con 12 puntos tras vencer nos catro primeiros partidos da temporada. Nesta ocasión, Gato Pardo sumou 3 novos puntos ante Juve Chavín (1-9); mentres que Óscar Joyeros se impuxo a Mesón Os Arcos (9-2).

Outro dos abultados resultados da cuarta xornada foi o do partido entre entre Cofipesca e O Recuncho (0-9). Tamén sumou Flanagans (5-4) ante o Forum, O Mesón (2-7) ante A Fonte e A Curva (6-2) ante Temple Bar.

Xornada 5
O Recuncho – Juve Chavín: luns 10 de novembro ás 20.30 horas.
Gato Pardo – Óscar Joyeros: luns 10 de novembro ás 21.15 horas.
Forum – Os Arcos: luns 10 de novembro ás 22.00 horas.

O Mesón – Cofipesca: xoves 13 de novembro ás 20.30 horas.
Mesón Lodeiro – A Curva: xoves 13 de novembro ás 21.15 horas.
Temple Bar – A Fonte: xoves 13 de novembro ás 22.00 horas.

Descansa: Flanagans.

Exit mobile version