Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornadas das fabas e o cachopo no Voar

O hotel restaurante Voar, de Ribadeo, organiza a segunda edición das súas xornadas gastronómicas dedicadas ás fabas e o cachopo dende este sábado ata o día 30 deste mes. Nestas xornadas inclúense tres pratos diferentes con fabas (fabada asturiana, fabas con ameixas e con centolo) e cinco preparacións distintas de cachopo: cachopón de tenreira, cachopo de porco ibérico con cecina e queixo de cabra, de tenreira, de merluza e de rape. Todos estes pratos ofrécense a prezos especiais durante estes 16 días. O cociñeiro do restaurante Voar, Manuel López Valencia, decidiu organizar esta segunda edición das xornadas das fabas e o cachopo porque “o ano pasado tiveron boa aceptación e nesta época apetece comer pratos contundentes; ademais a faba está en plena tempada”. Durante a celebración destas xornadas o restaurante Voar mantén a súa ampla e variada carta de tempada, segue ofrecendo suxestións diferentes e tamén o seu interesante menú do día.

Exit mobile version