Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornadas de caza no IES de Foz

Esta quincena teñen lugar no IES de Foz as Xornadas de Caza. Ademais de menú degustación especial para cada día hai unha pequena exposición na cafetería de Hostelería. O menú degustación deste martes consistiu en rulos de pomelo recheos con queixo de cabra e pichón ao aroma de trufa; tosta de foie de parrulo sobre talo de figos as tres salsas con alquequenje; perdiz toledana con figos-cenoria, decorados con pexegos e flan de turrón; coello á cazadora con boletus-ceboliña e trigueiros albardados en triscante; chuletiñas de corzo mariñadas con puré de cabaza e mazá en abano e resaltes de arándano e xabarín con castañas ao fiuncho, chícharos e pataca risolada.

Exit mobile version