Nordés Faladora celebrará as Xornadas de Iniciación á Micoloxía este venres 7 e o sábado 8 de novembro despois de telas cancelado por mor dunha indisposición do micólogo convidado José Luís Cuba. O Salón de Actos do Concello de Mañón acollerá a sesión teórica entre as 19.00 e as 21.00 horas, que se repetirá o sábado entre as 07.30 e as 14.00 horas; mentres que a partir das 20.00 horas a degustación terá lugar no Mesón O Malecón en Ortigueira. O prezo do curso é de 15 euros máis 5 euros opcionais no caso de querer asistir á degustación. Os interesados pódense inscribir a través do enderezo electrónico asociacion.nordes@gmail.com ou chamando ós teléfonos 653 756 454 ou 680 135 439.