Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornadas teatrais en San Román

xornadas-teatraisA Asociación de Montes Veciñas San Román de Vilaestrofe e a Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras poñen en marcha as xornadas teatrais do 2014 durante dúas fins de semana: o 29 e o 30 de novembro e o 6 e o 7 de decembro coa colaboración do Concello de Cervo e Alcoa San Cibrao. O sábado será a quenda de “Xustiza de lei”, de Francisco Piñeiro, da man do grupo Ardora; e o domingo a representación de “A fonte dos soños” – do mesmo autor- correrá a cargo do grupo O Bordelo. E o sábado 6 de decembro serán Axóuxeres os que poñan enrriba do escenario a peza “Descontrol hospitalario” de Román Sarmentero. O trío humorístico Trípode pechará as xornadas con “Apedreando”. Todas as representacións terán lugar no pavillón de San Román a partir das 18.45 horas.

Exit mobile version