Site icon Crónica3.com A Mariña

A aula CeMIT de Burela acolle unhas xornadas formativas para mulleres

Burela, 1 de decembro de 2014. Unha vintena de mulleres asisten na Aula CeMIT do Concello burelés ás Xornadas Formativas para mellorar, mediante o uso das novas tecnoloxías, as capacidades de emprendemento e busca de emprego feminino, que promove a Secretaría Xeral de Igualdade, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia.

As alumnas recibiron esta tarde a visita da concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, e do alcalde, José Mª González Barcia. As xornadas, que comezaron hoxe, seguirán os días 3, 5, 9 e 10 de decembro en horario de 16 a 20 horas na Aula CeMIT de Burela, na Casa da Xuventude.

As xornadas están encadradas dentro da Rede-Emprende en Igualdade, un programa de asesoramento, formación e apoio ás mulleres potencialmente emprendedoras para axudalas na posta en marcha e modernización das súas empresas e na busca de emprego, de cara a fomentar a súa adaptación no mercado actual.

Exit mobile version