Unha mostra que xa foi inaugurada nun acto no que estivo presente a edil de Cultura, Begoña Alonso, o fotógrafo Fabián Reino xunto a demais público. As “dixitografías” estarán expostas na Casa da Cultura ata o 30 de decembro e poderanse visitar de luns a venres de 09.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.
En canto ao autor, Fabián Reino naceu en Bos Aires (1964) pero vive en Lourenzá dende hai 25 anos. Os seus primeiros contactos coa fotografía foron cunha Kodak Fiesta, aínda que coa era dixital modernizou o seu equipo e comezou a sacarlle partido á nova tecnoloxía.
Esta é a última exposición que acollerá a Casa da Cultura no 2014, despois de que pola súa sala pasasen numerosos artistas coas súas respectivas obras. Nestes 12 meses, veciños e visitantes puideron ver obras de pintura, fotografía, escultura, gravados ou artesanía. Pero hai que lembrar que ademais da sala da Casa da Cultura existen outros espazos municipais onde tamén se exhibiron exposicións, como as Carboeiras de Sargadelos ou o edificio anexo ao Concello, o Centro Cultural e de Servizos á Cidadanía de Cervo.
“Llevamos años trabajando de forma continuada para abrir las puertas de los edificios y salas municipales a los artistas con el objetivo de que hagan llegar sus obras al público y, al mismo tiempo, para potenciar la cultura y el arte”, remata Alonso.