Site icon Crónica3.com A Mariña

A Comisión de Festas do Carme volve ofrecer unha celebración de fin de ano baixo carpa na praza dos Campos

A Comisión de Festas do Carme presentou este sábado o cartel da Festa de Fin de Ano que terá lugar o 31 de decembro na praza dos Campos. Un acto no que participaron o presidente, José Ramón Soto, a tesoureira, Pilar Armada, e a secretaria, Dolores García, que adiantaron os detalles desta celebración. A festa será baixo carpa, climatizada, con entrada libre e contará coa actuación da Orquestra Fénix, que amenizará a sesión dende as 00:30 h. ata ben entrada a madrugada.

Este é o segundo ano no que a Comisión organiza esta actividade lúdica co obxectivo de “ofrecer unha opción de lecer na última noite do ano e, ao mesmo tempo, contribuír a dinamizar a nosa vila e a economía local”, asegura o presidente da comisión, que lembra o éxito que tivo a iniciativa o ano pasado.

Soto destaca tamén que esta mesma tarde terá lugar un espectáculo de maxia cómica para nenos e nenas a cargo da compañía Troula e que comezará ás 19 h. na Casa da Cultura. Desta maneira, a Comisión busca ofrecer actividades para todos os públicos durante estas festas.

Exit mobile version