A Xunta de Goberno aprobou este venres a lista provisional de beneficiarios do programa de emprego en Europa para mozos titulados Leonardo da Vinci. Son medio cento de beneficiarios: 10 deles con titulacións relacionadas coa protección medioambiental; 10 con titulacións relacionadas co turismo; 10 con titulacións relacionadas coa informática; 10 coas ciencias da vida e 9 coa agricultura. A Deputación asume os gastos de desprazamento, aloxamento, manutención, transporte local e cursos de idiomas dos bolseiros, cun orzamento de 231.000 euros, financiados nun 70% por fondos europeos.
As cualificacións finais de todos os aspirantes publicaranse na web www.deputacionlugo.gal e no Taboleiro de Anuncios da entidade, publicación que abrirá un prazo de cinco días naturais para aceptar as bolsas e presentar a documentación requirida.