Site icon Crónica3.com A Mariña

A figura do Apalpador, no IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo

apalpador-mondoñedoO equipo de Normalización Lingüistica do IES San Rosendo de Mondoñedo fixo unha caracterización do Apalpador este venres para reivindicar a recuperación das costumes galegas.

Este foi o texto que nos deixou:

Vén o Apalpador dicirnos
NÓS AO NOSO!
O NOSO
non era confundir
lecer con consumo
nin vacacións
con centros comerciais!

O tempo libre
debe axudar
a facernos libres!

Di o Apalpador
RECUPEREMOS O QUE NUNCA
DEBEU QUEDAR ATRÁS
A relación co mundo que nos rodea
Coa xente. Coa vida!
Sintamos

O airiño na cara
A chuvia nas mans
O descanso ao abeiro da pedra
A mansa tranquilidade
dun carballo

Unha conversa á raxeira
A enerxía do río, do mar
do monte!

Di o Apalpador
de onde eu veño
OS FROITOS DA TERRA
SON AGASALLOS!
DE HABER OUTROS…
QUE SEXAN en galego!

GALANIÑOS NA NOSA LINGUA

Exit mobile version