Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta amosa a súa satisfacción ante o resultado da poxa eléctrica que garante a continuidade de Alcoa A Coruña e o mantemento do emprego

Santiago, 23 de decembro de 2014.- A Xunta de Galicia manifesta a súa satisfacción ante a nova que supón que Alcoa teña conseguido os seus obxectivos na poxa eléctrica e, polo tanto, manteña a actividade da planta da Coruña e os seus postos de traballo.

O Goberno galego sinala que Alcoa acadou os bloques solicitados na poxa e, polo tanto, a retribución necesaria para garantir a súa competitividade o que supón unha boa nova para Galicia, para a empresa e, sobre todo, para os seus traballadores. Unha nova que recoñece o traballo e o esforzo conxunto realizado polo Ministerio de Industria e Turismo e a Xunta de Galicia, e que pon en valor o compromiso de Alcoa coas plantas galegas e o mantemento do emprego na comunidade.

A Xunta de Galicia amosa tamén o seu recoñecemento aos traballadores da planta de Alcoa na Coruña polo seu compromiso e a súa implicación para acadar este obxectivo, agradecemento que estende tamén a Red Eléctrica polo esforzo levado a cabo durante todo o procedemento.

Exit mobile version