Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta de Persoal do Hospital da Costa apoia a manifestación contra as privatizacións da sanidade en Vigo

contra-privatizacion-vigoA Xunta de Persoal do Hospital da Costa apoia e solidarizase cos e coas compañeiras de Vigo que están a sufrir a privatización do novo Hospital de Vigo e reclamamos que o novo hospital da cidade sexa “100 x 100” público.

PRIVATIZAR A SANIDADE, O EXEMPLO DE VIGO
“A xente ten que ser consciente de que a Xunta lle cedeu a construción e a xestión do centro a unha empresa privada e que o orzamento pasou de 400 a 1300 millóns de euros, o que non impide que o novo hospital nacerá privatizada e con menos servizos”, critican.

Neste senso, lembran que aínda que a Administración pública anunciou que a instalación terá 800 camas, o certo é que a Área Sanitaria vaise ver moi prexudicada porque ao mesmo tempo van pechar cinco centros médicos, o Xeral-Cíes, o Rebullón e os centros de especialidades de Coia e da Doblada. “Ademais, van manter o convenio con Povisa”, lamentan.

PRIVATIZACIÓNS, CORRUPCIÓN E DESPEDIMENTOS
Segundo denuncian, con este tipo de política sanitaria o PP pretende manter o negocio das empresas amigas “coa corrupción como pano de fondo”. Tamén censuran a situación na que queda o persoal dos servizos non sanitarios despois de que a Consellería lles dese a opción de integrase nas concesionarias privadas “sen ningunha garantía laboral”.

Estas concentracións de apoio ás compañeiras e compañeiros de Vigo pon o punto final cunha manifestación celebrará baixo o lema ‘Hospital Vigo 100 x 100 público. Privatización = corrupción’ e arrincará do Hospital Xeral hoxe xoves ás 20.00 horas.

Exit mobile version