Site icon Crónica3.com A Mariña

Academia A Mariña imparte en decembro cursos dos niveis básico e cualificado de aplicador-manipulador de biocidas

Burela, 5 de decembro de 2014. Academia A Mariña impartirá durante este mes de decembro cursos para a obtención do carné de aplicador-manipulador de biocidas, nos niveis básico e cualificado. Darán comezo a próxima semana e a inscrición xa está aberta.

O director de Academia A Mariña, Ramón Hermida, sinala que “este certificado es necesario tanto para la gente que trabaja en el campo, las lonjas o los mataderos, como para las empresas que se dedican a la venta de productos biocidas y plaguicidas, al mantenimiento de jardines o al transporte de alimentación”. As clases para obter o carné básico levaranse a cabo os días 12, 13, 19 e 20 de decembro. Paralelamente, Academia A Mariña tamén impartirá outro curso para obter o carné cualificado entre os días 10 e 22 de decembro. Os interesados poden solicitar máis información ou realizar a súa inscripción no teléfono 982 58 50 98.

Ramón Hermida animou aos interesados a participar “para obtener el carné que les certifica como aplicadores-manipuladores de biocidas” e recordou que “estos carnés son obligatorios, necesarios, oficiales y principalmente, homologados por la Xunta”.

Exit mobile version