Haberá un premio de 500 euros, un premio de 400 euros, outro de 300 euros, un premio de 200 euros e outro de 100 euros. Desde a directiva de Acisa lembran que “para ter dereito aos premios será necesario estar presente no sorteo e levar a papeleta premiada”. Tamén indican que “as papeletas deben levar o selo dos establecementos que as reparten, e a matriz debe quedar en poder do local en cuestión, xa que son esas matrices as que se meten no bombo para entrar no sorteo”.
Acisa anima a ribadenses e visitantes a realizar as súas compras de Nadal en Ribadeo “porque hai 1.500 euros en premios para agasallar á fiel clientela dos establecementos comerciais e hostaleiros da nosa vila”. E subliñan “a importancia de estar presentes en directo no sorteo, que se celebrará no Cine Teatro, para poder levar o premio. Ademais, coma sempre, haberá sorpresas ao longo de toda esa xornada pola rúa e tamén no lugar no que faremos a 4ª Festa do Comercio”.
A campaña de Nadal de Acisa tamén inclúe máis actividades. Os máis pequenos da casa tamén poderán gozar da presenza dun paxe real os días 2, 3 e 4 de xaneiro ao que lle poderán entregar as súas cartas e contarlle as súas inquedanzas diante da inminente chegada dos Reis Magos. O paxe recibirá aos nenos e nenas na entrada do Cine Teatro.