Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividades de Nadal no Colexio Martínez Otero de Foz

Foz, 17 de decembro de 2014.- Entre os días 9 e 18 de decembro, o Colexio Martínez Otero de Foz, leva adiante a súa tradicional campaña NADAL SOLIDARIO, en colaboración con Cáritas Parroquial de Foz; a campaña consiste nun tempo de sensibilización sobre as persoas que teñen máis necesidades cá nós e que viven no noso pobo, esa sensibilización tradúcese nunha acción concreta, que consiste no aporte ao centro, e posterior posta a disposición de Cáritas Parroquial, de alimentos non perecedoiros ou con caducidade longa.

Esta campaña ten como remate festivo a tradicional velada de Nadal, que se celebra no colexio os días 18 e 19, enmarcada este curso dentro dos actos conmemorativos do 75 aniversario do centro.

O próximo día 18 de decembro, ás 19 horas, celebrarase a sesión pensada fundamentalmente para os familiares do noso alumnado e exalumnos do centro. A velada para o alumnado será o día seguinte (19) ás 10 da mañá.
Na velada, presentada polos alumnos de 4º da ESO, haberá variedade de números: panxoliñas, representacións teatrais (unha actualización da obra de Catelao “Os vellos non deben de namorarse”), bailes, un telexornal con novas de actualidade nas que non faltarán, seguro, o pequeno Nicolás e o caso Noos … que farán as delicias de nenos e maiores.

Asimesmo, xa está aberto ao público o Belén, elaborado polo profesorado e alumnado de ESO; está instalado na porta principal do colexio.

Este mércores 17 sae á luz o número 110 da revista Vieiro, con traballos do alumnado sobre o Nadal e outros temas de variado interés, algúns deles relacionados coa celebración do 75 aniversario do centro.

Exit mobile version