Site icon Crónica3.com A Mariña

Alcoa San Cibrao presenta o libro “Os Bolechas voluntarios en Cervo e Xove”

O libro “Os Bolechas voluntarios en Cervo e Xove”, patrocinado por Alcoa San Cibrao e elaborado por Bolanda Edicións, preséntase este mércores ao público infantil no Pavillón de Deportes de Xove. Texto e ilustracións narran as peripecias dos famosos personaxes Os Bolechas actuando como voluntarios en tarefas de protección medioambiental de igual forma que o fan os voluntarios de Alcoa co respaldo da compañía e de Fundación Alcoa.

No evento, está prevista a participación de 350 nenos de entre 3 e 10 ano dos colexios de Xove, Cervo e San Cibrao que terán a oportunidade de gozar do libro que se lles entregará como obsequio, así como da compañía de Os Bolechas e do seu autobús. Ao evento asistirán tamén, Demetrio Salgueiro, Alcalde de Xove, e Bruno Salgado, Xefe de Medio Ambiente de Alcoa San Cibrao.

Alcoa promove e apoia o voluntariado solidario dos seus empregados e a acción social na comunidade, para o que conta con programas específicos que fomentan o voluntariado, tanto colectivo como individual, aportando apoio organizativo e axudas económicas de Fundación Alcoa ás organizacións coas que colaboran os voluntarios. Fundación Alcoa susténtase dos seus propios activos financeiros e non dos beneficios de Alcoa. O seu principal obxectivo é mellorar a calidade de vida nas comunidades nas que a compañía está presente.

Exit mobile version