A AC FRANCISCO LANZA organiza unha andaina este sábado 6 de decembro a partir das 11.30 horas dende o aparcadoiro municipal polo Camiño de Santiago. Serán un total de 14 quilómetros moi levadeiros por Acevedo, O Corno, As Fontes do Lobo e Os Chaos de Ove. A volta está previsa para as 16.30 horas.