Site icon Crónica3.com A Mariña

Asuntos da asemblea do CR Casino de Mondoñedo

O Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo acordou, na asemblea celebrada o venres 26 de decembro, crear unha cuota de socios para persoas que viven fóra de Mondoñedo. Os que elixan ese sistema por residiren fóra pagarán 3 euros ó mes, mentres os que viven en Mondoñedo pagan 6. Tamén se ratificou o nomeamento de Modesto Díaz como secretario da sociedade e, sobre proxectos para o vindeiro ano, calcúlase que se disporá dun presuposto duns 3.000 euros para actividades, unha vez realizado o balance de ingresos e de gastos. Arestora, xa se está a desenvolver un curso de restauración de mobles, e espérase realizar outros no 2015, tendo sempre en conta as opinións, suxestións e demandas dos socios.

Exit mobile version