O Nivel 3 de formación de adestradores estréase na Mariña co curso académico 2014-15. Os 11 alumnos desta primeira edición, procedentes das provincias de Lugo e A Coruña, deberán completar un total de 400 horas; o bloque común, de 100 horas, prolongarase ata comezos de febreiro, coas materias de Fisioloxía de Alto Rendemento Deportivo, a cargo do médico Javier Fernández Couce; Biomecánica do ARD, impartida polo fisioterapeuta Daniel Tomé Lage; Psicoloxía e Socioloxía do ARD, a cargo do psicólogo Marcelino Luna; e Adestramento do ARD, co profesor de Educación Física, Roberto Ramallal.
Nivel 1
Dende o pasado 20 de outubro, o centro de ensino burelao acolle tamén o curso de Nivel 1, cun total de 20 alumnos, 12 matriculados no Nivel 1 de Fútbol e 8 no Nivel 1 de Fútbol Sala.