
A Asociación Península de la Paz, por cuarto ano consecutivo, xunto co Concello de Cervo e a colaboración dos Comerciantes e Industriais de San Cibrao que achegan preto de 200 quilos de lambetadas para repartir entre os nenos e nenas, é a encargada de organizar a Cabalgata de Reis. O 5 de xaneiro está previsto que as SS MM Os Reis Magos e os paxes recollan as cartas de tódol@s nen@s que queiran entre as 11.00 e as 13.00 horas. Os Reis Magos de Oriente teñen previsto chegar a San Cibrao ás 18.30 horas con saída do pavillón polideportivo da Veiga para pasar pola Avda. da Veiga, a Avda. da Mariña, zona do Porto, zona da Ría e rematar na Casa da Cultura onde os recibirá o alcalde, Alfonso Villares. A Cabalgata estará composta por 4 carrozas e os Reis Magos que irán acompañados por 40 nen@s que farán de paxes.