Site icon Crónica3.com A Mariña

Candia: “A Mariña é unha zona turística por excelencia e merece unhas infraestructuras provinciais de calidade”

Lugo 17 de decembro de 2014.- A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, informou que o grupo provincial popular e concellos da Mariña, rexistraron, esta mañá, alegacións aos orzamentos da Deputación de Lugo para 2015 para que se inclúan as principais demandas dos veciños na zona.

Candia insiste en que a comarca de A Mariña é unha zona turística por excelencia e merece unhas infraestructuras de calidade pero visto que existen puntos, dependentes da Deputación de Lugo, nos que se precisan melloras, PP provincial e municipios, presentan reclamacións para que Besteiro solvente as problemáticas existentes nestes lugares que son da súa competencia.

A popular cita as deficiencias existentes na rede viaria da que a Deputación é responsable; insiste en que precisa melloras considerables e manifesta que Besteiro ten a obrigación de levar cabo actuacións pertinentes sobre a mesma.

Alegacións GPP e concellos da Mariña
As alegacións presentadas aos orzamentos da Deputación para o 2015 por parte do GPP foi a elaboración dun plan específico de mellora das vías provinciais no territorio de A Mariña.

No tocante aos concellos mariñáns, presentaron as seguintes reclamacións: a solución para o desconxestionamento do tráfico que soporta a vía do litoral Barreiros, as melloras nos accesos ao polígono cervense de Cuíña, que se garanta ampliación arquitectónica do Museo Provincial do Mar de San Ciprián, que se incrementen as achegas para as confrarías lucenses, as melloras na estrada provincial LU- 6402 en O Vicedo, que se atopa en estado deplorable, que se arranxe a estrada mindoniense LU-P-3108 de Viloalle a Figueiras e a LU-P-3103, de Lindín, por Santa María Maior, á LU-124 e Rampa ao Campo do Castro e o arranxo das estradas LU-P- 5203, LU-P-5205 e a LU-P-6010.

Exit mobile version