En concreto, pódense ver fotografías de grupo en torneos deportivos, xuntanzas de asociacións, o Entroido, fotos escolares, a VI Queimada de Cervo, vodas, panorámicas e ata o afundimento dunha embarcación nas Illas dos Farillóns. Unhas imaxes que, ademais, falan das tradicións e os costumes locais ou incluso da configuración do territorio en décadas pasadas.
Destacar que o Concello leva dende o 2007 elaborando o seu propio calendario, sempre coa colaboración dos veciños, que son os que ceden de forma voluntaria e altruísta as súas fotografías. “A todos ellos, tanto a los que han hecho posible el calendario de 2015 como a todos los que han colaborado en las anteriores ediciones, algunos de forma continuada, les damos las gracias por compartir sus recuerdos con todos los vecinos de Cervo” asegura a edil de Cultura.
O Concello imprimiu 2.200 exemplares deste calendario que será enviado a través de Correos a todos os fogares do municipio pero tamén a comercios e asociacións, reservando algúns para aquelas persoas que queiran solicitalo ou que non o recibisen no deu domicilio. Un almanaque que, ademais, inclúe información sobre as festas do municipio, os días festivos, algunhas datas sinaladas e días de celebracións internacionais. E como é habitual, xunto ao calendario os veciños recibirán unha carta de felicitación na que o alcalde transmite os seus desexos para o novo ano.