Site icon Crónica3.com A Mariña

Comida de Nadal da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña

17 de decembro de 2014.- Este 18 de decembro é o día elexido polos usuarios e persoal da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña para celebrar a súa comida de Nadal. A comida terá lugar sobre as dúas da tarde no restaurante Nordés. Este ano, contan cunha gran afluencia que excede as corenta persoas. Unha vez finalizada a comida terá lugar un baile. Con esta comida pretenden celebrar todos xuntos o comezo das festas de Nadal, compartir un momento entrañable e divertido que contribúe a consolidar o grupo de usuarios e a fortalecer a relación do equipo técnico. Ademais é unha excelente ocasión para traballar habilidades sociais e aprender a disfrutar do tempo de lecer. Todo iso redunda nunha mellor e maior autoestima e calidade de vida dos seus usuarios.

Ademáis é o día no que os usuarios dos Centros de Rehabilitación Psicosocial de Burela e Ribadeo comezan as súas vacacións de Nadal ata o día 8 de xaneiro. Se precisan contactar con eles poden facelo na Unidade Residencial de Cervo.

Exit mobile version