Site icon Crónica3.com A Mariña

Cómoda vitoria para o Frutas José ante Vilasar (8-2)

O Frutas Jose acadaou unha cómoda vitoria sobre un Vilasar que non foi rival para as viveirenses e que demostrou o porqué da súa posición na taboa clasificatoria.

As locais sairon polo partido dende o pitido inicial e aos catro minutos de xogo xa gañaban por 2-0, e so se viron inquedadas por un gol en propia meta mediada a primeira metade, pero este gol non afectou ao xogo das locais, que seguiron co seu dominio e fóronse ao descanso cun clar 4-1.

Nada mais comezar a segunda metade as locais acadaban dous goles consecutivos que puñan un claro 6-1 no marcador e que remataba coas poucas esperanzas que as visitantes poideran ter, pese a que no minuto 41 recortaban distancias anotando o 6-2 ao saque dunha falta, no tramo final do encontro as viveirenses acadarían dous tantos mas, dexiando o resultado no 8-2 definitivo.

Ficha técnica
Frutas Jose: Diandra, Nerea, Mery, Nuria e Marta. Tamén xogaron: Rocío, Andrea, Anna, Ana Reija, Rosana, Bea e Laura.

Vilasar: Lucia, Diana, Noelia, Natalia, Ivonne. Tamén xogaron: María José e Sandra.

Exit mobile version