Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso cualifica de “moi malos” os datos do paro da comarca da Mariña: 242 persoas máis no mes de novembro

Compromiso Lugo vén de cualificar como “moi malos” os datos do paro da comarca da Mariña que foron publicados no día de onte. Según o membro da executiva nacional, o alfocense Iván Marrube, explica que “xa non só estamos a falar dun incremento de 242 persoas máis no paro en relación ao mes anterior, se nón que comprobamos na realidade que non existe tal cambio de tendencia como di e repite Feijóo e o PP. Os datos do paro apuntan a un total de 5.035 persoas sen emprego no conxunto dos concellos da Mariña”.

Marrube entende que “logo de anos de austeridade de Feijóo e de reformas laborais, estamos vendo como esta políca só crea traballos temporais e precarios e destrúese o resto. Na actualidade, ter traballo non é garante de estar fóra de risco de pobreza exclusión social, o que é moi grave”. “Estas circunstancias poñen en evidencia a desastrosa xestión do goberno de Feijóo ante o principal problema da cidadanía na actualidade, xa que dende que Alberto Núñez Feijóo goberna, uns 50.000 galegos e galegas pasaron a estar rexistrados nas listas do paro, e os datos da provincia non son moito máis alentadores”.

DATOS DESEMPREGO NOS CONCELLOS DA MARIÑA. NÚMEROS ABSOLUTOS
Outubro 2014: 4.793
Novembro 2014: 5.035

Exit mobile version