Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso denuncia o abandono e falta de visibilidade da N-634 no tramo de Abadín-Lourenzá

Compromiso x Galicia denuncia o abandono da N-634 no tramo de Abadín-Lourenzá, sendo esta estrada empregada como alternativa á autovía do Cantábrico en días de néboa e inclemencias meteorolóxicas.

Iván Marrube, membro da executiva da formación explica que “esta estrada está sendo empregada como alternativa á autovía do Cantábrico en días de néboa, é unha falta de responsabilidade e unha vergoña por parte da administración a falta de melloras e de mantemento, que agrava o deterioro do firme, xa que non se ven as liñas da estrada, sen apenas visibilidade en días de néboa, escuros e de choiva”.

Marrube califica de “incompetente á administración que constrúe unha autovía que non pode ser empregada en días de néboa, e a alternativa ao seu uso tamén pon en perigo a circulación e resulta arriscado”. “É preciso garantir un arranxo inmediato da vía para garantir a seguridade viaria neste trazado e instamos á Xunta de Galicia e á autoridade competente ao arranxo inmediato xa que somos coñecedores e en datas ben recentes as consecuencias que poden ter as néboas e choivas”.

Exit mobile version