Site icon Crónica3.com A Mariña

Concerto benéfico de Nadal en Lourenzá

Seguindo coa campaña do nadal, o vindeiro domingo 21 de decembro ás 19.30 horas, organízase na igrexa parroquial de Santa Mª de Valdeflores, sita en Vilanova de Lourenzá, un concerto a beneficio de Cáritas Lourenzá onde actuarán de xeito altruísta: Lino Rico, F.Javier Bossa e Maica Rico, cun repertorio de música Sacra, clásica e galega. A entrada é libre e de balde, agradecéndose os donativos dende o corazón.
Este acto completa a campaña do Nadal iniciada cun partido de fútbol solidario Lourenzá-A Pontenova o pasado 22 de Santos no campo da Sta. Cruz e cunha recollida de alimentos feita nos establecementos da vila e das parroquias do municipio.

Exit mobile version