Site icon Crónica3.com A Mariña

Concerto no Muíño de Cervo para homenaxear a San Pascual Bailón

Os Aventados, sempre atentos ó que contan as nosas ánimas, saben que San Pascual Bailón, santo que preside o frontal do Muíño de Cervo, está disgustado.

Os seus homónimos San Roque, San Antonio, San Pedro, San Juan, Santa Eulalia, San Cipriano, San Miguel, e xa non digamos Santiago, “son atendidos como se merecen na súa onomástica; pero San Pascual Bailón cumple tal, precisamente, o Día das Letras Galegas e a conmemoración da obra e vida do “ilustre difunto”, solapa os seus dereitos como Santo”.

“É razón de xustiza mariñá”, cren dende Os Aventados, “desfacer o entorto”. E Os Aventados convocan a todos os devotos e cofrades da alegría e das lendas propias da nosa máxica terra, ó concerto de San Pascual Bailón que Os Aventados organizan para o vindeiro sábado 27 de decembro a partir das 23.30 horas no Muíño de Cervo.

“Disfrutaremos entrea as vellas pedras de cantería que empregan a auga do río Xunco e o Rúa para moer os cereais co grupo musical Vapor da Arte, un quinteto de música pop constituido por: batería, baixo, guitarra eléctrica, teclados e voz dirixido polo profesor Lino Rico coa voz de Mariví Maragoto”.

Exit mobile version