Site icon Crónica3.com A Mariña

Continúa a loita entre as 3 primeiras da Liga Sénior Feminina de Bolos en Xove

Puntuaron practicamente tódolos favoritos da Liga de Bolos de Xove na tirada de Lago onde Arturo Vigo logrou unha nova vitoria coa que suma 3 primeiros e 3 segundos nas últimas 6 tiradas.

Nestes intres, só Rafael González lle está a aguantar o tirón a Arturo, o que fai que os 2 se destaquen xa claramente con respecto ó resto: Arturo e Rafa lévanlle 26 e 18 puntos respectivamente a Sócrates, terceiro clasificado con 57 puntos. Polo tanto, parece claro que, a falla das últimas tiradas a celebrar no vindeiro ano 2015, Arturo Vigo e Rafael González posiblemente se disputen as dúas primeiras prazas do campionato. Polo tanto, preséntase un final de temporada apaixoante entre os dous xogadores con mellor palmarés na historia deste xogo. Para a terceira posición, ademais do citado Sócrates, temos a Fran Pérez con 54 puntos, Moisé Rodríguez con 48, Jose Vigo e Jose Manuel Cociña con 46, pechando este grupo o vixente campión Alex Meitín con 42 puntos. Dahí para abaixo van ter moi difícil acceder a algún dos tres primeiros postos finais.

Liga Senior Feminina
Segue a loita apaixoante entre as tres primeiras clasificadas, con cambios contínuos nas súas posicións. Grazas á victoria obtida en Lago, Belén Meitín accede ao liderato con 43 puntos, desprazando a Carmen Roca, que agora comparte o segundo escalón do colofón con Salomé Cardos, ambas con 41 puntos. Polo tanto, nesta categoría preséntase un final de tempada tremendamente competitivo, no que as tres protagonistas xa lideraron a clasifiación en algún momento, e agora non poderán despistarse se queren chegar ao final con opcións. En definitiva, tremenda igualdade nesta categoría, o que augura unha segunda volta de competición tremendamente emocionante.

Liga Sub 16
Máis do mesmo nesta categoría. Miguel López non foi capaz de romper o dominio do líder, e iso que tivo unha oportunidade excelente na última bolada, pero volveu a fallar. Unha mágoa, xa que estes fallos finais, tanto nesta coma na pasada tirada lle houberan permitido a Miguel achegarse ao líder, e darlle un pouco de emoción a esta Liga. Se sigue así, Daniel vai ser seguramente o campión máis tempraneiro desta competición. Sinalamos tamén o acceso á terceira posición da táboa, en detrimento de Julia López, de Hugo Pérez grazas aos tres puntos obtidos nesta tirada de Lago; Hugo, un dos xogadores máis xoves de toda a Liga, pasa deste xeito da 5ª á terceira posición.

A vindeira tirada, SEGUNDA DA 2ª FASE (E PRIMEIRA DO ANO 2015), vaise celebrar CAMPO DO CLUB PALMEIRO, O VINDEIRO SÁBADO, 10 DE XANEIRO DE 2015.

CAMPIONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE LAGO     (13 DECEMBRO  DE  2014)

  27  INSCRITOS:   13 NA LIGA SENIOR,     6 NA LIGA SUB 16   E     8  NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION             NOME TANTOS

PUNTOS

LIGA SENIOR

PRIMEIRO ARTURO VIGO CASABELLA

203

12

SEGUNDO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ

184

10

TERCEIRO JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA

167

8

CUARTO LUIS RANCAÑO BOUSO

161

7

QUINTO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ

152

6

SEXTO JOSE VIGO LAGE

138

5

SÉTIMO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ

134

4

OITAVO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA

114

3

NOVENO RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ

109

2

DÉCIMO JOSÉ BAÑO FERNÁNDEZ

89

1

MELLOR BOLADA ARTURO VIGO CASABELLA

69

1

LIGA SUB 18

PRMEIRO DANIEL ALONSO LÓPEZ

86

6

SEGUNDO MIGUEL LÓPEZ FORMOSO

74

4

TERCEIRO HUGO PÉREZ MEITÍN

72

3

CUARTO JAVIER ALONSO LÓPEZ

64

2

QUINTO RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO

39

1

MELLOR BOLADA DANIEL ALONSO LÓPEZ

35

1

LIGA FEMININA

PRMEIRO BELÉN MEITÍN ROUCO

88

6

SEGUNDO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

76

4

TERCEIRO SALOMÉ BERMÚDEZ BEN

55

3

CUARTO CARMEN ROCA CORRAL

40

2

QUINTO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ

30

1

MELLOR BOLADA BELÉN MEITÍN ROUCO

88

1

Exit mobile version