Site icon Crónica3.com A Mariña

En Burela os “juernes” de decembro séguense celebrando con tapas

Desde o pasado mes de novembro, os fins de semana en Burela empezan o xoves… Isto é o que pretendían e conseguiron os cinco locais de hostalería que organizan os “Juernes&Tapas en Burela”: Hotel Nordés, A Parrillada de Jandro, Cervecería Kiko, O Traste e BoasMigas.

Unha oferta gastronómica que terá unha gran acollida entre o público e que ofrece cada xoves dúas novas tapas elaboradas en cada un dos locais participantes ao prezo de 1,50 euros. Ademais, os clientes que durante os tres “juernes” do mes de decembro proben polo menos unha tapa nos cinco locais poden participar no sorteo dunha visita para dúas persoas ás Bodegas e Museo da Cultura do Viño de Dinastía Vivanco en Briones (A Rioxa). O gañador do premio no mes de novembro foi Raúl Fraga, que selou a súa tarxeta nos cinco locais participantes.

A Ruta de Tapas terá lugar as tres primeiras semanas de decembro, xa que o “juernes” día 25 non se celebra por ser día de Nadal. Este “Juernes”, 4 de decembro, ábrese o mes da Ruta de Tapas coas seguintes propostas:

HOTEL NORDÉS (Empanadiñas de presa ibérica con tomate concase; Niño de berberechos e verduriñas).
A PARRILLADA DE JANDRO (Salmón en salsa de eneldo e gambas; Donut madrileño).
CERVECERÍA KIKO (Quiche Lorraine con salsa de porros; Picaña).
O TRASTE (Brochetas de polo con salsa grellada; Tosta de cecina con queixo fundido).
BOASMIGAS (Calzone de polo, gambas e grellada; Palomitas de polo con salsa).

Exit mobile version