Site icon Crónica3.com A Mariña

En Burela procédese estes días ó escarificado e asfaltado en quente en varias rúas

Burela, 23 de decembro de 2014. En Burela estes días procédese ao escarificado e asfaltado en quente de zonas en mal estado nas rúas Alvaro Cunqueiro, Campón, Igrexa, Arcadio Pardiñas, O Río, Eijo Garay e Avenida da Mariña, segundo indica o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle.

Fernández Valle sinalou que “o que estamos facendo é reparar zonas deterioradas para garantir a seguridade e conservar as rúas existentes. Nesta actuación escarificase e aglomerase en quente unha superficie total de 3.120 metros cadrados cun presuposto de 42.746 euros”.

As obras realizaranse durante esta e a próxima semana.

No presuposto do ano 2015 está prevista outra partida similar para continuar con estes traballos de conservación noutras rúas do concello. O edil popular pide desculpas aos veciños de Burela “polas molestias que lles poidamos ocasionar ao longo destas semanas tanto para circular pola vila como para aparcar a algunhas horas do día”.

Exit mobile version