Site icon Crónica3.com A Mariña

Espazo Ecosocialista asiste en Barcelona a un encontro de Espazo Plural e unas xornadas municipalistas promovidas polo Green European Foundation e ICV

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2014.- No marco das reunións e encontros que Espazo Ecosocialista esta a manter co fin de fortalecer lugares de encontro e colaboración esta fin de semana unha delegación do partido verde galego asistirá a Barcelona.

A visita terá un dobre motivo. Por unha banda asistir a un encontro de Espazo Plural, onde Espazo Ecosocialista comparte proxecto político con outras forzas da esquerda renovadora soberanista: ICV, ICPV (Compromis), Iniciativa Verds (MES), Chunta Aragonesista, EKI ou Primavera Andaluza. A esta xuntanza asistirá o responsable de relación políticas, Manel Cardoso, e o Coordinador Nacional de Espazo, Xoán Hermida.

Por outra banda asistir ao encontro que se celebra maña venres 19 sobre “Novas formas de participación e democracia a nivel municipal”, organizado polo Green European Foundation e pola Fundación Nous Horizonts (de ICV) e nas que participará entre outros representantes municipais a portavoz de Ames Novo, Pilar Candocia.

Exit mobile version