Site icon Crónica3.com A Mariña

Este Nadal, actividades da Rede Museística no Museo do Mar

Nestas datas de Nadal nas que estamos xa totalmente mergullados, a Rede Museística Provincial ven de deseñar un amplo programa de actividades a desenvolver no Museo, cos colectivos de diferentes idades que temos formado no mesmo.

O calendario de actividades contará coas organizadas no Clube Pequeamigos e co Club Senior, ademais de sinalar que a exposición “Entre o sono e o soño” que se está exhibindo actualmente e ata o 31 de xaneiro no Museo Provincial de Lugo, ten tamén representatividade nos outros tres museos da Rede, e dende este venres e ata o 31 de xaneiro está aberta a tódolos públicos no Museo Provincial do Mar.

CLUBE PEQUEAMIGOS
“Harmonía dun soño”, impartida por Lourdes e Raúl, o sábado 20 de decembro de 12.00 a 13.30 horas.

“Casting: A Lúa” impartido por Rubén Pérez, o venres 26 de decembro de 12.00 a 14.00 horas.

“Colgando soños”, impartido Amelia e Ángeles, o sábado 27 de decembro de 11.30 a 13.00 horas.

“Xogando con Caterina”, impartido por María del Rosario Fernández, o martes 30 de decembro de 11.00 a 14.00 horas.

“Navegando coas estrelas”, impartido por Amelia e Ángeles, o venres 2 de xaneiro de 11.30 a 13.00 horas.

“O noso soño nas túas mans”, impartido por Amelia e Ángeles, o sábado 3 de xaneiro de 11.30 a 13.00 horas.

CLUB SENIOR
“O soño dun tal Pilates”, con Lourdes e Raúl, o sábado 20 de decembro de 16.30 a 18.00 horas.

“Soños artísticos”, con Rubén Pérez, o venres 26 de decembro de 12.00 a 14.00 horas.

Exit mobile version