Site icon Crónica3.com A Mariña

Exposición de ‘Obradoiros con Alma’ no Casino de Viveiro

O Casino de Viveiro Club Náutico inaugura este xoves 18 de decembro unha exposición cos traballos do proxecto “Obradoiros con Alma” nos que teñen participado unha chea de artistas da Mariña. A Asociación de Redeiras de Burela (Redes, Burela), Chus Lage (Cerámica, Mondoñedo), Dosita Cao (Arte floral, Burela), Estéfano Gudín (Cerámica, Cervo), Félix Paz (Madera torneada, Foz), Francisco Fra (Carpintería de Ribeira, San Cibrao), José Rodil (Ferrería de navallas, A Pontenova), Lucía Caluyo (Cerámica, Trabada), Pilar Elvira Maravalla (Arcilla polimérica, Ribadeo), María Luz Méndez (Encaixe de Bolillos, Cervo), Miguel Fernández (Carpintería, Mondoñedo), Alfonso Otero Regal (Cerámica, Viveiro), Regina Lorences (Restauración, Mondoñedo) e Miriam Viveiro (Cerámica, Viveiro) conforman a listaxe de nomes responsables das obras que se exporán no Casino de Viveiro. A mostra será inaugurada a partir das 20.30 horas e, despois, poderase visitar ata o 8 de xaneiro en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas.

Exit mobile version