Site icon Crónica3.com A Mariña

FalaRedes achega a Viveiro ‘Brinca Vai’

brinca-vaiO programa de dinamización lingüística FalaRedes, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, incorpora unha sexta proposta para pechar a edición de 2014. Trátase de “Brinca vai de aquí a acolá!”, un concerto-obradoiro que chegará a 26 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia nos derradeiros meses do ano, da man do actor e músico Paco Nogueiras.

Nesta ocasión, despois de achegarse o sábado 29 de novembro á Casa da Cultura do Vicedo, chegará o venres 5 de decembro ó Teatro Pastor Díaz de Viveiro a partir das 18.00 horas.

Exit mobile version