Site icon Crónica3.com A Mariña

FAPACEL convoca o terceiro concurso de postais de Nadal

Por terceiro ano consecutivo a FAPACEL celebra o seu concurso de postais onde poden participan tod@s os socios das ANPAS asociadas de toda a provincia nas categorías de infantil, primaria e secundaria.

Tod@s @s nen@s que participen terán un agasallo e ademais haberá premios para as diferentes categorías en forma de material didáctico e diploma.

As tarxetas gañadoras servirán para felicitar as festas dende a Federación Provincial de ANPAS da provincia.

O prazo de presentación remata o vindeiro venres 12 de decembro a través de e-mail con formato PDF ou JPG co fin de que esas mesmas postais lles sirvan para presentarse a máis concursos.

A entrega de premios terá lugar o sábado 20 de decembro no Museo Provincial de Lugo.

Exit mobile version