Site icon Crónica3.com A Mariña

Fin de ano no Voar

luisA festa de fin de ano do hotel restaurante Voar, de Ribadeo, inclúe cea cun menú especial, cotillón e baile coa actuación do cantante galego Luis Rey por un prezo de 65 euros por persoa. O menú está composto por aperitivo de Nadal, xamón ibérico, rape recheo de centolo, xarrete de tenreira con guarnición e sobremesa. Acompañarase con viños Rioxa Glorioso Reserva, Albariño Burgáns e Cava 1551. Ademais haberá delicias de Nadal, uvas da sorte e cotillón. O baile estará amenizado coa actuación en directo de Luis Rey, cantante galego que dende o ano 2008 forma parte da orquesta Poceiro Big Band e, anteriormente, estivo noutras grandes formacións musicais.

Exit mobile version