Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz, Plataforma de Futuro pide a unión dos alcaldes da Mariña para apoiar ós traballadores de Alcoa

Dende “Foz, Plataforma de Futuro”, logo das noticias que durante estos últimos días aparecen nos distintos medios de comunicación,acerca dos problemas que ten a factoría de Alcoa en San Ciprian, Avilés e A Coruña, e que se repiten últimamente todos estos anos ao final de ano, queren manifestar o seguinte:

O noso apoio total á plantilla desta multinacional asentada na nosa comarca e a empresa máis grande da zona. A maiores, e ante esta incertidume que sobrevoa a comarca, ós traballadores e máis á factoria, esixímoslles a todos os alcaldes da Mariña, así como a todos os partidos políticos que faigan un frente común, se senten todos xuntos e sexan unha soa voz.

Non podemos permitir que esta comarca sufra un duro revés no tema de Alcoa. Temos que esixirlle ó Goberno do Estado, e á Xunta de Galicia que non pode estar todos os anos discutindo e xogando cos postos de traballo, hai que cerrarlle definitivamente o paso a incertidumbre dos traballadores.
Tamén queremos propoñer dar un paso adiante,xa que temos a materia prima, a fábrica que podemos considerar nova,e unhas vías de comunicación que melloraron ampliamente nestes últimos anos…intentar implantar en San Ciprian unha fábrica de transformación do Aluminio. Temos que mirar cara o futuro, e o futuro ten que ser progreso non podemos permitirnos dar un paso atrais, e ano tras ano estamos vendo que Alcoa ten menos traballadores.

Isto son as consecuencias da nefasta política enerxética dos últimos gobernos, con unha legislación dictada por parte das eléctricas e un canon de ininterrumpibilidade, a pesar de que temos un sistema capaz de producir o triple do que consumimos. Estas son as consecuencias palpables da crise política que carcome os partidos tradicionais.

Isto é un problema de toda a comarca, non podemos escondernos nin andar cada un polo seu lado, a unión será a nosa arma e a forza dos traballadores.

Exit mobile version